ENCRUCILLADO CLXII
VERTICAIS: 1. Fobia que ten que ver co relacionado coa morte 3. Medo a conducir calquera tipo de vehículo, especialmente frecuente á hora de conducir coches 4. Medo irracional a situacións vinculadas ás tormentas, é dicir, tronos, lóstregos, que chova moito (e poida causar desfeitas ou inundacións) etc. 7. Medo aos espazos abertos que non lles fagan sentir seguridade ou onde pensen que non van poder recibir axuda.
HORIZONTAIS: 2. Fobia vinculada ao feito de ver feridas, sangue e agullas 5. Medo aos espazos pechados, especialmente aqueles lugares que son pequenos e onde non observan saídas fáciles, portas ou xanelas 6. Medo ao dentista 7. Fobia relacionada coas alturas, onde as persoas que a sofren senten moi angustiadas cando están en lugares elevados como balcóns, precipicios, pontes, terrazas de edificios, miradoiros, baixando escaleiras ou nun avión, entre outras 9. Temor irracional cara aos animais 10. Medo a voar, tamén chamada avatofobia ou aviofobia.
0 comentarios