ENCRUCILLADO CLX
VERTICAIS: 1. Que sente medo con frecuencia, aínda que non haxa perigo real 2. Concello la provincia de Ourense, da comarca do Ribeiro, onde boa parte dos seus habitantes emigraron a México 5. Réptil da familia dos ánguidos, do que existen diversas especies, pequeno e de corpo moi fino, de cor gris prateada ou castaña, con patas moi reducidas ou sen elas 7. Partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas.
HORIZONTAIS: 3. Banco de pedra pegado á parede, xunto ás portas das casas, nos patíns etc. 4. Baile popular ao aire libre, que xeralmente ten lugar de noite 6. Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas 8. Preparación de orixe mesoamericana, elaborada machucando principalmente aguacate, cebola, tomate, chile e especias ata conseguir unha consistencia pastosa 9. Xénero a que pertence a planta herbácea perenne coñecida como crista de galo miúda 10. Conxunto dos produtos do campo, ou dun produto en particular, que se recollen ao chegar a época, normalmente unha vez ao ano.
0 comentarios