ENCRUCILLADO XLVII
VERTICAIS: 2. Empresa Brasileira de Aeronaútica, compañía fabricante de avións, fundada en 1969 e terceira produtora de avións do mundo 4. Forza aérea integrante da Wehrmacht (forzas armadas) de Alemaña na época nazi 5. Orixinalmente chamada "B&W", é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo, tendo a súa sede central na cidade de Chicago 7. Avión a reacción militar de deseño británico capaz de realizar despegues e aterraxes verticais/cortos, mediante empuxe vectorial.
HORIZONTAIS: 1. Aerolínea bandeira de España, fundada en 1927, que dende 2009 está fusionada con British Airways, creándose International Airlines Group, aínda que ambas empresas seguen a manter o seu propio nome 3. Empresa europea que deseña, fabrica e vende avións civís, sendo o principal fabricante de aeronaves do mundo, con sede en Blagnac, unha localidade de Toulouse, Francia 6. Empresa de defensa e aeronáutica rusa, liderada polo famoso enxeñeiro aeroespacial soviético Andréi N. Túpolev 8. Avión supersónico utilizado para o transporte de pasaxeiros ata o 2003, construído a partir do conxunto dos traballos dos fabricantes British Aircraft Corporation británico e Aérospatiale francés 9. Pionero da aviación francesa nas facetas de piloto, fabricante e diseñador de aeronaves, creador do primeiro monoplano en cruzar o Canal da Mancha e que tamén foi usado en misións militares, primeiro polos italianos en Libia e posteriormente nos inicios da I Guerra Mundial 10. Aeroliña irlandesa con sede social en Irlanda, sendo a maior transportista de baixo custo de Europa.
0 comentarios