CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? X
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Entre 5.900.000 e 7.100.000 persoas foron asasinadas vilmente. O Holocausto foi levado a cabo principalmente polas forzas alemás e os colaboracionistas, alemáns e non alemáns. Ao principio da guerra, millóns de xudeus estaban concentrados en guetos urbanos. En 1941, os xudeus foron masacrados, e en decembro, Hitler decidira exterminar a todos os xudeus que vivían en Europa nese momento. En xaneiro de 1942, durante a Conferencia de Wannsee, varios líderes nazis discutiron os detalles da «Solución final da cuestión xudía» (Endlösung der Judenfrage) e o Secretario de Estado alemán, Josef Bühler, instou o presidente da conferencia, Reinhard Heydrich, a proceder coa Solución final no Goberno Xeral. As poboacións xudías foron deportadas sistematicamente dos guetos e os territorios ocupados aos sete campos designados como Vernichtungslager (campos de exterminio): Auschwitz-Birkenau, Belzec, Chelmno, Majdanek, Maly Trostenets, Sobibór e Treblinka.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Que posición política tomou España na segunda Guerra Mundial?
- Absoluta neutralidade
- Política dos tres frentes
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: elespañol.com
0 comentarios