Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXXII

VERTICAIS: 1. Arte de pesca que consiste nunha rede longa que se estende e se deixa durante horas para que a sardiña que se despraza co cambio de marea malle nela 2. Cabeza do porco despois de despezado 4. Nome das illas, situadas no mar Mediterráneo, dentro do arquipélago Balear, formdas por dúas illas (Eivisa e Formentera) e múltiples illotes 5. Na mitoloxía grega, deus da guerra 6. Capital de Bélxica 7. Paxaro da familia dos pícidos, que cría nos troncos vellos das árbores, nas que pode verse en posición vertical apoiándose no rabo, e do que existen diversas especies, entre as que as máis comúns son unha de tons verdosos e outra branca e negra.

HORIZONTAIS: 3. De modo continuo, todos os días 6. Peixe mariño da familia dos gádidos do que existen varias especies, parecido á pescada, coas aletas do ventre en forma de filamento, que habita en fondos areosos e é apreciado pola súa carne delicada 8. Falto de vigor, forza ou resistencia, tanto no sentido físico coma no moral 9. Nome do maior río de Escocia e sétimo do Reino Unido.

0 comentarios