CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XIX
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é 476 d. C..Ano que coincide coa deposición do último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, a mans de Odoacro (xeneral de orixe hérulo ao servizo do Imperio romano occidental, nacido en Panonia, converténdose despois da deposición do emperador en gobernante de feito de Italia), aínda que foi o resultado dun longo proceso que tivo outros moitos fitos significativos.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
Mapa animado da República e Imperio romano entre 510 a. C. e 530 d. C.
República Imperio Imperio Oriental/Bizantino Imperio de Occidente
19. Denomínase como Imperio bizantino, tamén coñecido como o Imperio romano de Oriente, á metade oriental do Imperio romano desde o 395, que perviviu durante toda a Idade Media e o comezo do Renacemento. Cal era a súa capital?
- Kalliopolis
- Adrianópolis
- Constantinopla
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios