Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXCVII

VERTICAIS: 1. Peixe da familia dos murénidos de corpo alongado, boca e dentes grandes, de cor castaña con manchas, que vive nos fondos rochosos e de nome científico Muraena helena  3. Elemento químico metálico de transición, de cor branca prateada, dúctil, maleable, resistente á corrosión e de símbolo Pd. 5. Montaña máis alta de canadá 7. Maior río de África 8. Mamífero da familia dos mustélidos de pelo mesto e escuro, abrancazado na zona da garganta, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos e de nome científico Lutra lutra.

HORIZONTAIS: 2. Arbusto da familia das oleáceas, de follas opostas, flores brancas pequenas moi olorosas, dispostas en panícula, froito en baga e de nome científico Ligustrum vulgare 4. Capital de Malta 6. Terreo, xeralmente cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas 9. Variña moi pequena de madeira ou de papel cuberto de cera, cunha cabeza de material inflamable que arde ao fretala contra unha superficie 10. Invocación feita para afastar os demos ou malos espíritos dun lugar ou dunha persoa.

0 comentarios