Blogia
vgomez

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DAS FROITAS

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DAS FROITAS

 

Esta é a solución ao problema das froitas plantexado onte:

A primeira liña está clara. Cada mazá vale 10.

Da segunda liña coñecemos o valor da maza (10), polo que 18-10= 8 a repartir entre 2 piñas de plátanos, o valor de cada piña é de 4.

Na terceira liña coñecemos o valor da piña de plátanos (4), polo que 4 – 2= 2, o valor do coco é de 2.

Na última liña hai que andar con moito ollo, pois, non aparecen 1 coco, só a metade dun, polo que o valor é 1 e a piña de plátanos non é de 4 plátanos, senón de 3, polo que vale 3.

Así:  1   +   10    +    3       =   14

0 comentarios