Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: É correcto dicir ‘cabazo’?

Si é correcto, pero ten moitos máis significados!

#DígochoEu

#DígochoEu: Ollo coas cousas ‘chupadas’!

Como se di en galego algo que é fácil dunha maneira coloquial?

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? XIV

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 3-León. É o símbolonacional animal de Marrocos, en concreto, o león do Atlas ou león de Berbería (Panthera leo leo), unha subespecie de león orixinaria do norte de África que hoxe se atopa extinta en liberdade. Aparece no escudo de Marrocos.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Que é o Magreb?

- A parte máis oriental do mundo árabe

- A parte central do mundo árabe

- A parte máis occidental do mundo árabe

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *empalagar

Non hai alimentos *empalgosos, senón estoxadizos! Sabíalo?

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? XIII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 1975. O 16 de outubro de 1975 a Corte Internacional de Xustiza resolveu que no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono e determinouse que existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos que habitaban no Sahara Occidental e o Sultán de Marrocos, pero NON existínan vinculos de soberanía entre o o territorio do Sahara Occidental  e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano. A conclusión é que se debía celebrar o referendo. O Sultán de Marrocos, Hassan II, interprétao doutra forma. Queda con «existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos e o Sultán de Marrocos» pero esquécese de «NON existían vínculos de soberanía entre o territorio do Sahara Occidental e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano» e de «no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono» (os donos eran os saharauís). Segundo a súa versión, a Corte do Tribunal de Xustiza recoñeceu que o Sahara Occidental é marroquí desde «a noite dos tempos». O mesmo día, 16 de outubro de 1975, Hassan II convoca unha marcha para ocupar «o que é noso» (Marcha Verde). Parece ser que esta marcha estaba preparada moito antes de que resolvese a Corte Internacional de Xustiza e que foi apoiada ou financiada por EEUU debido a unhas desavinzas con España polas minas de fosfatos da zona. Tratan de forzar a España para negociar a entrega do Sahara Occidental. A Marcha Verde estaba composta por uns 350.000 marroquís que se dirixiron á fronteira do Sahara, zona que, previamente, o exército español minara e alambrara. Prodúcense momentos de tensa calma. Franco está nas últimas e o Réxime debilítase. Por unha banda, deféndese o referendo de autodeterminación en Nacións Unidas e, por outro, mantiña conversacións «secretas» (o 22 de outubro de 1975, o Ministro do Movemento, José Solís, entrevístase con Hassan II en Rabat) para negociar a entrega do Sahara Occidental. Cando Fernado Martínez Laínez levantou a lebre, os militares e os propios saharauís sentiron traizoados. O 2 de novembro, Don Juan Carlos visita O Aiún para tranquilizar tanto a militares como saharauís: «España sairá deste lance con honra» (?). O 6 de novembro iníciase a marcha. O Consello de Seguridade insta a Marrocos a deter a invasión, pero Hasán II sabe que conta co veto de EEUU e segue co seu plan. O 9 de novembro a Marcha Verde detense e o 14 de novembro asínanse os Acordos de Madrid polos que España cede a administración do Sahara á Yemaá Saharauí, Marrocos e Mauritania.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o símbolo animal nacional de Marrocos?

1-Fénec

2-Dromedario

3-León

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: historiasdelahistoria.com e es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *muérdago

Non digas *muérdago. O correcto é visgo. Pero que ese visgo?

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? XII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 1956.  España recoñeceu a independencia de Marrocos o 7 de abril de 1956. Despois de numerosos incidentes o ditador Francisco Franco convidaba a Mohammed V a Madrid para acordar o período de transición que seguiría ao fin da administración protectora de España. O acordo foi moi malo para España, recoñecíase a independencia do reino alauita sen ningún tipo de garantía e asegurando a soberanía das prazas de soberanía pero sen ningunha concreción territorial. As presións nacionalistas non acabaron e as tropas marroquís atacan a cidade española de Sidi Ifni. As tropas españolas son situadas, e despois dunha guerra con 300 mortos nunca declarada e case sen cobertura xornalística, o Goberno ordena arriar a bandeira en Ifni o 30 de xuño de 1969, sendo ocupada inmediatamente a cidade polo exército marroquí.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que ano se producíu a marcha verde (invasión marroquí do Sahara Español)?

- 1969

- 1975

- 1990

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: twitter.com/elOrdenMundial e historiasdelahistoria.com

#DígochoEu: Cibercarracho, Palabra do Ano 2023 en galego

Moitas grazas por apoiardes esta palabra que inventamos para #CiberEsther, os vídeos sobre ciberseguridade do #DígochoEu!

#DígochoEu!