Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Así se colocan os pronomes cando hai un 'pero'

 

Atención as explicacións de Esther sobre a colocación dos pronomes cado hai pero.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destas é a capital de Italia?

- Milán

- Venecia

- Roma

- Florencia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e meteoconsult.es

CANTO SABES DE ITALIA?

Comezo hoxe esta serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo. Ruínas romanas co epicentro na capital, Roma, a cidade eterna, unha das urbes máis belas do mundo. Neste país naceron tamén algúns dos máis grandes artistas que deu a civilización occidental.

A partir de hoxe trataremos de coñecer poo miudo os aspectos máis importantes deste fermoso país. Anímaste? Pois empezamos!

1. Cal destas bandeiras é a de Italia?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabías que #acó e #aló son adverbios 100 % galegos?

 

Hai dous pronomes en galego, aló e acó, que non hai nin en castelán nin en portugués.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ALEMAÑA? XVIII (FIN)

Remato coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte e última é 2.

O Chanceler, que realmente é o Xefe do Goberno de Alemania é Olaf Scholz (Osnabrück, 1958) que desempeña o cargo desde 2021. Pertenece al Partido Socialdemócrata de Alemania (SPD). Os outros dous mandatarios son (1) o presidente da República Federal de Alemaña Frank-Walter Steinmeier (Detmold, 1956), membro do Partido Socialdemócrata de Alemania (SPD). Esta no cargo desde 2017. Finalmente (3) o Vicechanceler de Alemaña Robert Habeck (Lubeca, 1969), membro do partido Alianza 90/Os Verdes, cuxa presidencia asumiu no ano 2018. Ademais asumiu o ministerio federal de Economía e Protección Climática no Gabinete Scholz.

E así rematamos esta serie que espero que servise para actualizar e refrescar os datos máis importantes deste país

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org 

CANTO SABES DE ALEMAÑA? XVII

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. Actualmente, só o 50% dos alemáns considéranse cristiáns, dos que 44.6% considéranse católicos e o 43.7% protestantes, polo que estas cifras son case iguais. Ademais, o 3.7% pertencer a unha Igrexa ortodoxa, o 2.3% á Igrexa evanxélica libre e o 4.3%, aínda que di ser cristián, non pertence a ningunha denominación. A segunda comunidade relixiosa en Alemaña é o islam, ao que pertence o 8.5% da poboación. Séguenlle o hinduismo (1.3%), o budismo (0.9%) e o xudaísmo (0.3%). O 35.9% da poboación alemá afirma non pertencer a ningunha comunidade relixiosa, é dicir, máis dun terzo.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

 

18. Aquí tes os tres mandatarios de Alemaña: O Chanceler de Alemaña, o presidente da República Federal de Alemaña  e o Vicechanceler de Alemaña. Cal deles é O Chanceler, que é o Xefe do Goberno de Alemaña?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e fsspx.news/es       Imaxe: es.wikipedia.org  e deutschland.de/es

#DígochoEu: Como se di 'Bluetooth' en galego?

 

Hoxe en #CiberEsther: ollo co Bluetooth!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *chaflán

 

A única palabra acabada en -flan que temos en galego é o propio flan! Así que non digas *chaflán.

 #DígochoEu