CANTO SABES DE ALEMAÑA? XVII
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. Actualmente, só o 50% dos alemáns considéranse cristiáns, dos que 44.6% considéranse católicos e o 43.7% protestantes, polo que estas cifras son case iguais. Ademais, o 3.7% pertencer a unha Igrexa ortodoxa, o 2.3% á Igrexa evanxélica libre e o 4.3%, aínda que di ser cristián, non pertence a ningunha denominación. A segunda comunidade relixiosa en Alemaña é o islam, ao que pertence o 8.5% da poboación. Séguenlle o hinduismo (1.3%), o budismo (0.9%) e o xudaísmo (0.3%). O 35.9% da poboación alemá afirma non pertencer a ningunha comunidade relixiosa, é dicir, máis dun terzo.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
18. Aquí tes os tres mandatarios de Alemaña: O Chanceler de Alemaña, o presidente da República Federal de Alemaña e o Vicechanceler de Alemaña. Cal deles é O Chanceler, que é o Xefe do Goberno de Alemaña?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org e fsspx.news/es Imaxe: es.wikipedia.org e deutschland.de/es
0 comentarios