Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Michelangelo. Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana) e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente. A obra en cuestión da pregunta anterior, A Piedade, ou A Pietà , tamén coñecida como Pietá Vaticana, datada entre 1498 e 1499, é unha escultura de mármore de 174 cm por 195, que se atopa na basílica de San Pedro en Roma. A escultura estaba destinada a ornar o monumento funerario en memoria do defunto rei francés, Carlos VIII, falecido o 7 de abril de 1498, na capela de Santa Petronila, coñecida como “dos reis de Francia", na antiga basílica de San Pedro.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. En que século naceu Van Gogh?

- XVII

- XVIII

- XIX

- XX

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: culturizando.com

0 comentarios