Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Aprende a conxugar o verbo ser en presente

 

Aprende o presente do verbo ser bailando con Esther!  

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? V

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1947. O 15 de agosto de 1947, a India independizábase da Coroa Británica, logo que esta sometese territorial e economicamente por máis de 300 anos a unha dos berces da civilización mundial.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. No proceso de independencia da India, xogou un papel moi importante este personaxe. Sabes quen foi?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: mihistoriauniversal.com e Public Domain/es.aleteia.org

#DígochoEu: #CiberEsther (Spim)

 

Xa coñecemos o spam, pero sabes o que é o spim? Moita atención aos consellos de #CiberEsther!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? IV

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. O Raj británico foi o réxime de goberno colonial da Coroa británica sobre o subcontinente indio. En que ano logrou a India a súa independencia?

- 1.857

- 1.942

- 1.947

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wiipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org e laizquierdadiario.com

#DígochoEu: Non digas *cálate

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.18

 

No último #ApuntamentoLusófono tivemos a segunda semifinal do concurso dos ’fofinhos’ onde se enfrontaban Julianna e Joselito para gañar un posto na final.   

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? III

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Bombai. Tamén coñecida como Mumbai, é a cidade máis densamente poboada e centro financeiro da India. Reúne nos seus 603,4 quilómetros cadrados de superficie a case 21 millóns de persoas.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal destas bandeiras é a da India?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxe: dw.com/es  e es.wikipedia.og

CANTO SABES SOBRE A INDIA? II

Continúo coa serie, que onte empezamos, adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nova Delhi. É desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi. É a sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a cidade máis poboada da India?

- Nova Delhi

- Calcuta

- Bombai

- Bangalore

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: ejeprime.com