Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A INDIA? X

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Brahmanes (sacerdotes e intelectuais), os Kshátriyas (guerreiros e gobernantes), os Vaishyas (comerciantes e artesáns) e os Shudras (campesiños e traballadores). Na parte máis baixa desta xerarquía están os dálits, tamén coñecidos como intocables, que representan unha quinta parte da poboación e son considerados os “impuros”.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o río sagrado dos hindús?

- Indo

- Iamuna

- Ganges

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: viajandocomamalarosa.com.br e larepublica.pe

#DígochoEu: Benvidos a Irlanda!

 

Moito humor de Esther... En Irlanda!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? IX

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Hinduísmo. Esta é a relixión maioritaria na India con preto do 85% de adeptos. Séguelle o Islam, con preto do 15%. O hinduísmo é un sistema relixioso conformado por unha grandísima diversidade de tendencias. Con todo, os seus elementos fundamentais son a crenza en Brahman como principio supremo universal, o karma, a reencarnación e a liberación.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

9. O sistema de castas divide aos hindús en catro categorías principais ou varna: brahmanes, kshatriyas, vaishyas, sudras e dálits. Fai unha relación do nome co grupo a que corresponde.

- Intocables ou impuros

- Sacerdotes e intelectuais

- Campesiños e traballadores

- Guerreirios e gobernantes

- Comerciantes e artesáns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e fundacionrafanadal.org        Imaxe: significados.com e vipavi.es

#DígochoEu: Palabras terminadas en -ín!

 

Resolvendo dúbidas de palabras rematadas en -in!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VIII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rupia. A rupia india (₹) é a moeda oficial da India. Divídese en 100 paise. Ao cambio 1₹ = 0,011€ ou dito doutra maneira 1€ = 88,50₹

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a relixión maioritaria na India?

- Sijismo

- Budismo

- Islam

- Hinduísmo

- Cristianismo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: cambiator.es e concepto.de

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é República federal de democracia parlamentaria. A India é unha república federal, composta por 28 estados e oito territorios da Unión, cun sistema de democracia parlamentaria. Na Constitución da India, no seu preámbulo define á India como “unha república soberana, socialista, secular e democrática”.

A India ten un Parlamento bicameral, contando cunha Cámara Alta (Rajya Sabha) e unha Cámara Baixa (Lok Sabha). O presidente da India é o xefe de Estado​ e é elixido indirectamente por un colexio electoral, para un mandato de cinco anos. O primeiro ministro é o xefe de Goberno e exerce a maioría das funcións do poder executivo, bomeado polo presidente, para un mandato de cinco anos.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a moeda oficial da India?

- Yuan

- Rupia

- Taka

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: bootheando.com e cambiator.es

#DígochoEu: Xa non se di

 

Que pasa coa palabra ’embora’? É galego? É portugués?  

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA? VI

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mohandas Karamchand Gandhi. Máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (1869-1948), foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia dá India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo ou mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a forma de gobernó na India?

- Monarquía

- República federal de democracia parlamentaria

- Dictadura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org