CANTO SABES SOBRE A INDIA? IX
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é Hinduísmo. Esta é a relixión maioritaria na India con preto do 85% de adeptos. Séguelle o Islam, con preto do 15%. O hinduísmo é un sistema relixioso conformado por unha grandísima diversidade de tendencias. Con todo, os seus elementos fundamentais son a crenza en Brahman como principio supremo universal, o karma, a reencarnación e a liberación.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. O sistema de castas divide aos hindús en catro categorías principais ou varna: brahmanes, kshatriyas, vaishyas, sudras e dálits. Fai unha relación do nome co grupo a que corresponde.
- Intocables ou impuros
- Sacerdotes e intelectuais
- Campesiños e traballadores
- Guerreirios e gobernantes
- Comerciantes e artesáns
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e fundacionrafanadal.org Imaxe: significados.com e vipavi.es
0 comentarios