Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Fado. Este estilo musical portugués é xeralmente cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos. Documentalmente compróbase a existencia do fado desde 1838, aínda que hai quen identifica a súa orixe cos cantos das xentes do mar, inspirados na soidade, a nostalxia e os abalos dos barcos sobre a auga. A pesar dos numerosos investigadores —Gonçalo Sampaio,  Mascarenhas  Barreto, Pinto de Carvalho ou  Rodney  Gallop— o misterio das súas orixes aínda non se desvelaron. Crese que naceu nos barrios ao redor do porto de Lisboa, entre clases pobres, mariñeiros, obreiros,  rufiáns,  chamiceiras, xente bohemia de Alfama, Bairro Alto e outros.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal destes famosos escritores NON é portugués?

- Paulo Cohelo

- Fernándo Pessoa

- Alexandre O’Neill

- José Saramago

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

0 comentarios