Blogia
vgomez

DOCENCIA

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XIX

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Vera Rubin e a materia escura.

Vera Rubin foi a única muller que se graduó en astronomía en Vassar College en 1948. Atopou a primeira evidencia da existencia de materia escura.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: #CiberEsther (Praia das Catedrais)

 

Os cibercarrachos son moi espelidos! Por iso, agora que comeza a época de visitas á praia das Catedrais, Esther explícache como conseguir os permisos de maneira segura! 

#DígochoEu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XVIII

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de  Margaret Hamilton e a chegada á Lúa.

Grazas ás matemáticas, a programadora Margaret Hamilton adiantouse a un posible desastre e asegurou a aterraxe na Lúa do Apolo 11.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: Refráns do mes de maio

 

Hoxe repasamos algúns dos refráns que hai co mes de maio! Sabes algún máis? 

#DígochoEu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XVII

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Edward O. Wilson e a biodiversidade das illas.

O histórico experimento deste biólogo estadounidense permitiu demostrar por que a vida florece nunhas illas e non noutras. Os principios da bioxeografía insular son válidos para todo tipo de ecosistemas illados, e inspiraron a creación dos corredores naturais, fundamentais para salvar da extinción a numerosas especies.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: Non digas *sonrojarse

 

Non. Non se di *sonrojarse nin tampouco *sonvermellarse. Entón como é? Esther aclárabolo!

#DígochoEu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XVI

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Rachel Carson e a orixe do ecoloxismo científico.

A bióloga estadounidense Rachel Carson (maio 1907-abril 1964) inspirou o aumento da preocupación polo medioambiente na sociedade americana despois de que o seu libro ‘Primavera silenciosa’, que alertaba sobre o efecto que tiña o uso de pesticidas nos ecosistemas, convertésese en éxito de vendas.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: Non digas nin eso nin esos

 

Hoxe, Esther Estévez, convídanos a que non digamos nin *eso e nin *esos... Queres saber por que?

 #DígochoEu