Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE SUÍZA?

Máis de 40.000 galegos residen actualmente en Suíza, unha cantidade que supón o 60% do total de españois presentes no país. Proba diso é que o galego se sitúa en quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas en Suíza.

Tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual Confederación Helvética.  É unestado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin.. A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar.

Con esta serie pretendo achegarnos a iste país tan curioso e interesante. Anímaste? Pois comezamos!

1. Cal destas bandeiras é a de Suíza?

 

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: swissinfo.ch e gl.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XXIII (FIN)

Remato coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos da Carreira polo Xenoma.

A secuenciación completa do xenoma é hoxe unha ferramenta esencial na investigación de enfermidades raras e o tratamento doutras como o cancro.

FONTE: bbvaopenmind.com

Fin!

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.15

 

No #ApuntamentoLusófono desta semana enfrontáronse Felipe e Amadeu nuns cuartos de final moi axustados. E contamos coa presenza de Daniel Lago, que nos falou sobre a celebración do Día Internacional da Língua Portuguesa, o pasado 5 de maio. 

#DígochoEu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XXII

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Rita Levi-Montalcini e o secreto da multiplicación das neuronas.

Rita Levi-Montalcini era unha estudante cando viu as intrincadas neuronas por primeira vez e propúxose desvelar os segredos do seu crecemento. No noso cerebro as neuronas multiplícanse e fannos únicos. Pero como? Ninguén o sabía. Ela construíu a súa carreira investigadora ao redor desa pregunta, durante a Segunda Guerra Mundial, e superou o que no seu país e época eran dous obstáculos monumentais, ser muller e xudía. E non só resolveu aquel misterio: gañou un Premio Nobel polo descubrimento do primeiro factor de crecemento.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XXI

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos da Eclipse que demostrou que Einstein tiña razón.

En maio de 1919, o astrónomo británico Arthur Eddington organizou unha expedición co astrónomo real, Frank Dyson, para observar unha eclipse solar total e poñer a proba a nova teoría xeral da relatividade de Einstein.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: Non digas a *bocajarro

#DígochoEu: O verbo 'casar' nunca é pronominal en galego

 

Munca digas: Queres *casarte comigo?, nin *quereste casar comigo?. Aquí tes a explicación!

#DígochoEu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XX

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos do Descubrimento buraco capa de ozono.

A delgada banda da estratosfera que protexe aos seres vivos da Terra dos daniños raios ultravioletas procedentes do Sol, foi descuberta fai máis dun século. Esta é a atarefada historia da capa de ozono, na que os humanos abrimos un perigoso buraco. Estamos a conseguir arranxalo?

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...