MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XXII
Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.
Hoxe falaremos de Rita Levi-Montalcini e o secreto da multiplicación das neuronas.
Rita Levi-Montalcini era unha estudante cando viu as intrincadas neuronas por primeira vez e propúxose desvelar os segredos do seu crecemento. No noso cerebro as neuronas multiplícanse e fannos únicos. Pero como? Ninguén o sabía. Ela construíu a súa carreira investigadora ao redor desa pregunta, durante a Segunda Guerra Mundial, e superou o que no seu país e época eran dous obstáculos monumentais, ser muller e xudía. E non só resolveu aquel misterio: gañou un Premio Nobel polo descubrimento do primeiro factor de crecemento.
FONTE: bbvaopenmind.com
Continuará...
0 comentarios