Blogia
vgomez

DOCENCIA

DINOSAUROS NORTEAMERICANOS IV

Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Ankylosaurus, hoxe tóaclle ao…

4. Triceratops

O triceratops, é un xénero de dinosauros ceratopsianos ceratópsidos, que viviron a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 68 e 66 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é América do Norte. É un dos últimos xéneros en aparecer antes do gran evento de extinción masiva do Cretácico-Terciario.​ Posuía unha gran gola ósea (plataforma cranial posterior) e tres cornos, un corpo grande sobre catro fornidas patas, e varias similitudes con respecto ao moderno rinoceronte. Triceratops é un dos máis recoñecidos de todos os dinosauros. Aínda que compartise o territorio co temible Tyrannosaurus e fóra cazado por el, non está claro se os dous loitaron da maneira representada a miúdo en exhibicións de museo ou en imaxes populares.

O tamaño dos individuos de Triceratops estímase entre os 7,8 a 9 metros de longo e 2,9 a 3 de altura. Eran herbívoros, recios e voluminosos, pesaban entre 6,1 e 12 toneladas. O máis distintivo era a súa gran cabeza, proporcionalmente una das máis grandes de todos os animais terrestres. Puido medir ao redor de 2 metros de longo, e case podía alcanzar un terzo da lonxitude total do animal.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Nobu Tamura/es/wikipedia.orgMatthew Martyniuk/es/wikipedia.org

Mañá outro dinosauro norteamericano!

#DígochoEu: Non digas *alzacuellos

 

Como se di *alzacuellos en galego? Elevacolos? Esther Estévez danos a solución!

#DígochoEu

DINOSAUIOS NORTEAMERICANOS III

Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Diplococus, hoxe tóaclle ao…

3. Ankylosaurus

Ankylosaurus magniventris é a única especie coñecida do xénero fósil Ankylosaurus de dinosauros tireofóros anquilosáuridos, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 68 a 66 millóns de anos, durante o Maastrichtiense, no que hoxe é América do Norte. Do mesmo xeito que outros anquilosáuridos, Ankylosaurus distinguíase pola súa pesada armadura e un gran mazo caudal, sendo probablemente o máis grande do seu grupo. Aínda que fai falta descubrir esqueletos completos e algúns dos seus parentes posúen moitos máis fósiles recobrados, Ankylosaurus é considerado o dinosauro acoirazado máis destacado e representativo.

O Ankylosaurus medía ata 6,25 m de longo, 1,7 de altura, e pesaba 6 toneladas. Foi un animal cuadrúpedo, cun corpo amplo e robusto. Tiña un cranio grande e ancho, con dous cornos apuntando cara atrás desde a parte posterior da cabeza, e dous cornos por baixo destes que apuntaban cara atrás e cara abaixo. A parte dianteira do rostro estaba cuberto dun pico, con fileiras de dentes pequenos, en forma de folla máis detrás del. Estaba cuberto de placas de armadura ou osteodermos, con medios aneis óseos que cobren o pescozo, e tiña un gran mazo no extremo da súa cola. Ósos no cranio e outras partes do corpo fusionáronse, o que aumentaba a súa resistencia, e esta característica é a fonte do nome do xénero.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Mariana Ruiz Villarreal/es/wikipedia.orgMatthew Martyniuk/es/wikipedia.org

Mañá outro dinosauro norteamericano!

DINOSAUIOS NORTEAMERICANOS II

Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Brachiosaurus, hoxe tóaclle ao…

2. Diplodocus

Diplodoco é o nome co que se coñecen as especies pertencentes ao xénero Diplodocus, dinosauros da familia dos diplodócidos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente de 150 a 147 millóns de anos no que hoxe é Norteamérica.

Eran uns dinosauros enormes, que se contan entre os maiores animais terrestres que existiron na Terra, pois medían entre 27 e 45 m e chegaban a pesar entre 30 e 50 t, aínda que saurópodos posteriores do Cretáceo, como o Argentinosaurus, os superaban, sobre todo no peso.

Tiñan un pescozo e un rabo moi longos, cun corpo baixo, e camiñaba sobre as catro patas. A pesar do seu gran tamaño, tiñan unha cabeza moi pequena, con dentes así mesmo moi pequenos.

É probábel que pastaran nas grandes chairas de felgos e cicadáceas da súa época, chegando a consumir tamén as árbores de baixa altura, xa que non podía subir moito o seu pescozo.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: dinosaurpictures.org/Diplodocus-picturesMatt Martyniuk/es/wikipedia.org

Mañá outro dinosauro norteamericano!

#DígochoEu: Non digas *suero

 

En galego non temos *suero! Toma nota de como dicilo en galego.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *tentempié

 

Como lle chamamos en galego a esa típica comida lixeira para repoñer forzas? Tentempié non! Esther Estévez danos as alternativas!

#DígochoEu

DINOSAUIOS NORTEAMERICANOS

Inglaterra tiña o Allosaurus, e Nova Jersey non quedou atrás nas apostas de dinosauros, co descubrimento do hadrosaurio de pico de pato en 1838. Converteuse no primeiro esqueleto parcial montado. Pero iso foi nos primeiros días, antes de que os científicos do século XIX comezasen a colleitar restos fósiles do Salvaxe Oeste. A Formación Morrison consiste principalmente en estratos do Xurásico tardío que xorden desde Novo México ata Oklahoma, e ​​produciu unha colleita sen igual para os paleontólogos.

Os trofeos de saurópodos montados da Formación Morrison inclúen xigantes de cerebro pequeno e cola longa como Brachiosaurus e Diplodocus. Os primeiros estegosaurios tamén procedían do tesouro fósil do oeste americano e deron paso aos robustos Ankylosaurus. No que respecta a os xacementos fósiles do Cretácico, América do Norte segue sendo a capital mundial dos fósiles de dinosauros, e moitos deles popularizáronse amplamente. Hoxe en día, a maioría dos nenos poden identificar un estegosaurio,  Triceratops ou Tyranosaurus Rex de modelos de xoguetería.

En 2016, Royal Canadian Mint ofreceu unha moeda de prata de $ 20 cun tiranosaurio nela, para conmemorar un descubrimento de T. Rex. Unha fascinante nidada de ovos de Hadrosaurus apareceu en Alberta, do mesmo xeito que o Edmontosaurus de pico de pato. E en 2011, os mineiros atoparon a metade frontal dun Nodosaurus, con impresións de pel e escamas totalmente conservadas. En México, a exploración foi limitada e os especímenes fósiles son poucos.

De todos eles imos falar a partir de hoxe!

1. Brachiosaurus

Brachiosaurus altithorax é a única especie coñecida do xénero extinto Brachiosaurus de dinosauro saurópodo  braquiosáurido, que viviu durante o  Xurásico Superior, hai aproximadamente 154 a 153 millóns de anos, no que é hoxe América do Norte.

Do mesmo xeito que todos os dinosauros saurópodos,  Brachiosaurus era un animal  cuadrúpedo cun cranio pequeno, pescozo longo, unha cola relativamente curta,  musculosa e delgada, extremidades  columnares. O cranio tiña un fuciño ancho e robusto e cunha gran mandíbula, con dentes en forma de espátula.

A masa de B. altithorax estimouse, recentemente, en 56,3 toneladas.​ A súa lonxitude estimouse en 26 metros.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Dmitry BogdanovMatt Martyniuk/es/wikipedia.org

Mañá outro dinosauro norteamericano!

#DígochoEu: Moito ollo cos tantos!

 

Tanto’ é unha palabra correcta en galego, pero non debes usala en deportes. Moita atención á explicación de Esther Estévez!

 #DígochoEu