Blogia
vgomez

DOCENCIA

BOLBORETAS XI

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

10. Á de mármore cremoso

Euchloe ausonides vive na zona oeste de América do Norte. A súa poboación atópase moi ameazada, e vén sufrindo un descenso continuo desde a década dos 80.

Pon os ovos nos botóns florais terminais dunha variedade de plantas da familia da mostaza, incluídas as especies euroasiáticas introducidas, e as larvas aliméntanse dos botóns, flores e froitos destas plantas.

É unha bolboreta de tamaño mediano. Ten escamas brancas que están dispersas nas ás anteriores e un patrón negro na punta das ás anteriores. Hai un xaspeado verde compacto na parte inferior da á traseira. A envergadura desta bolboreta pode ir de 3,8 a 5,1 cm. As femias de E. ausonides poden moverse a maiores distancias e velocidades que os machos.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  en.wikipedias.org        Imaxe: Ken-ichi Ueda, wikimedia

#DígochoEu: Perdida no camposanto (Concurso)

 

Esther perdeuse de camiño a Rianxo, e, aínda por riba, de noite! Pero coa axuda do alumnado do IES Félix Muriel coñeceu vocabulario sobre os camposantos, outra cousa é que conseguise escapar de alí!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *xelo

 

En galego non temos nin *xelo nin *xelados!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *tubería

 

En galego temos tubos e tamén tubas, pero non temos *tuberías!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Como se di callo?

 

Como se chaman as partes de pel endurecidas de pés e mans? Esther Estévez resólvenos a dúbida!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *sotaque

 

En galego non temos *sotaque! É unha palabra que non está admitida pola Academia.

#DígochoEu

#DígochoEu: Como se di *pernocta?

 

Como nos podemos referir en galego ao número de *pernoctas nun hotel? Esther Estévez resólvenos a dúbida!

#DígochoEu

#DígochoEu: A creación audiovisual (Concurso)

 

Esther Estévez estivo nunha rodaxe do IES Virxe do Mar para aprendermos vocabulario relacionado coa creación audiovisual!

#DígochoEu