Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono: Non pidas

 

En Portugal, non pidas "gomas de borrar"! A alternativa dínola Rodrigo, na conversa con Esther!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *codazo

 

En galego non temos *codos así que tampouco temos *codazos! Esther Estévez danos a alternativa!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *viruela do mono

 

Hai unha enfermidade nova que está empezando a acaparar titulares. Sabes como se denomina en galego?

 #DígochoEu

BOLBORETAS XIII

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

12. Bolboreta morpho

Morpho didius é unha das especies máis grandes do xénero Morpho. Ten unha envergadura de ata 150 milímetros. O lado dorsal das súas ás é iridiscente e azul metálico, as súas ás anteriores son bastante alongadas. Son orixinarias de América. A súa rechamante cor azul, non é unha cor como tal, senón o produto do reflexo da luz nas  escamas  microscópicas das súas ás.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  fr.wikipedias.org        Imaxe: Didier Descouens, wikimedia

#DígochoEu: Mellor non digas 'adicar'

 

É moi común escoitar o verbo ’adicar’, especialmente un día coma hoxe. Pero non, a Academia recomenda non ’adicar’ nada.

#DígochoEu

BOLBORETAS XII

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

11. A chupaleite

Esta bolboreta (Iphiclides podalirius) é unha das máis grandes de Europa, podendo alcanzar as femias unha envergadura de entre 55 e 75 mm. Os machos son lixeiramente máis pequenos. As ás teñen un fondo amarelo ou branco-amarelado sobre o que destacan rechamantes e decrecentes bandas negras lonxitudinais. As ás posteriores posúen, ademais, un gran ocelo azul parcialmente cercado de negro e de vermello e unha cola moi rechamante.

Os adultos senten atraídos por árbores e arbustos ricos en néctar.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  es.wikipedias.org        Imaxe: Zeynel Cebeci, wikimedia

HIMNO GALEGO

 

Como? Aínda non sabes a letra do himno galego?

Pois aquí o tes! Non tes disculpa para non apredelo!

Bo Día das Letras Galegas!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e morreu en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987. Estudou na aldea, en escolas particulares. Aos seis anos marcharon a Palencia onde estudou cos Maristas. Rematou o bacharelato en Valladolid e licenciouse en Dereito nesa universidade con 20 anos. Exerceu como avogado no Barco de Valdeorras mentres preparaba oposicións a Rexistros, que non aprobou. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou escapar da represión franquista, cruzando a Portugal, chegando a Porto. Desde alí viaxou nun barco noruegués, escondido debaixo dunha cama, a Burdeos (Francia) e a comezos de 1938 conseguiu chegar á Barcelona republicana. Alístase no Exército, na Subsecretaría de Armamento. Ao pouco, xa como tenente, entra no Servizo de Información Periférico, dependente do Estado Maior, onde coñece a Guerra da Cal e a Líster, e reencóntrase con Castelao, Santiago Álvarez e outros valdeorreses. Nese mesmo ano accedeu á executiva do Partido Galeguista como Secretario de Propaganda. Trala guerra civil, exiliouse en México. Despois de verse pechada a súa causa política en 1959 volveu temporalmente a Galiciaa en 1968 para ver a familia, logo de trinta e dous anos de exilio. Non sería a única que vez que voltaría a Galicia. Finou o 14 de maio de 1987, cando se atopaba na casa dun dos seus fillos en California. As súas cinzas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo dese ano.

A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

Para completar a información sobre a súa vida e obra preme AQUÍ.