Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *trébol

 

En galego o que nos dá sorte non son os *tréboles de catro follas.

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *crema de orujo

 

Como se di ’crema de orujo’ en galego. Velaquí a explicación de Esther Estévez!

#DígochoEu

DígochoEu: Por que non usamos o acento circunflexo (^) en galego?

 

En galego temos vogais abertas e pechadas, pero non hai ningún signo ortográfico que sirva para indicalo. O portugués usa acentos agudos e circunflexos, mais o galego non. Por que? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo con arroxar!

 

En galego temos o verbo ’arroxar’, pero moito ollo co seu significado!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *pecas

 

 Como se lles chama ás *pecas en galego? Esther Estévez dínolo!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Cal é a orixe da gheada?

 

Como e por que se comezou a utilizar a gheada? Pois hai varias teorías sobre a súa orixe. Toma nota!

#DígochoEu

DígochoEu: Vai de Peixe! Nomes de peixes e mariscos curiosos

 

Hoxe falamos de nomes de peixes e mariscos curiosos! Coñecíalos?

#DígochoEu

#DígochoEu: As sete vogais do galego

 

A lingua galega dispón de sete vogais en posición tónica: /i/, /e/, /ɛ/, /a/, /ɔ/, /o/, /u/. A diferenza entre /e/ e /ɛ/, e entre /ɔ/ e /o/ reside no grao de abertura: /ɛ/ e /ɔ/ son máis abertas que /e/ e /o/. Este sistema  vocálico é o mesmo do latín vulgar.

En posición átona, o número de vogais redúcese a cinco, pois suprímese a diferenza entre /e/ e /ɛ/, e entre /ɔ/ e /o/.

#DígochoEu