Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Moito ollo coas porcas! (Concurso)

 

Tivemos que levar o coche ao taller mecánico do IES Pedra da Auga de Ponteareas para descubrirmos que hai unha palabra sorprendente!

#DígochoEu

#DígochoEu: Como se di *veinteañero?

 

No capítulo de hoxe, Esther estévez resólvenos como se di correctamente en galego *veinteañero ou outros derivados!

 #DígochoEu

#DígochoEu: #AquíDicímoloAsí Cheísmo e teísmo

 

A viaxe do #DígochoEu polas variantes dialectais do galego continúa e desta vez imos ata as zonas cheístas e teístas!

#DígochoEu: Non digas *bofetada

 

Will Smith non lle deu ningunha *bofetada a Chris Rock nos Oscar! En galego hai unha chea de formas para referírmonos a iso.

#DígochoEu

#DígochoEu: Como aforrar cartos nas academias de inglés (Concurso)

 

Ao mellor nisto non reparaches, pero saber galego ten as súas vantaxes para aprender outros idiomas! Incluído o inglés!

#DígochoEu

Mira o vídeo que fixeron para o concurso do #DígochoEu no IES Pino Manso do Porriño!

#DígochoEu: É correcto dicir... non cho podes permitir?

 

Moito ollo con traducir frases literalmente do castelán! Non sempre é posible! O verbo permitir non se pode usar de calquera maneira. Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Nos coches non hai lúas!

 

Pregúntanlle a Esther Estévez no TikTok se os coches teñen *lúas. En galego temos lúa, pero non nos coches!

#DígochoEu

#DígochoEu: Palabras con acentuación peculiar (Parte 3)

 

Hai palabras que en galego teñen unha acentuación que te pode sorprender. Velaquí outra pequena mostra. Ollo, que isto é nivel pro!

 #DígochoEu