Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XVII (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde puxemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 2. A imaxe 2 corresponde á Torre del Oro, unha torre albarrá situada na marxe esquerda do río Guadalquivir, na cidade de Sevilla, xunto á praza de touros da Real Maestranza. A súa altura é de 36 metros.

O resto de imaxes:

1. Corresponde ao Bom Xesus do Monte, un santuario construído a finais do século XVIII, que se localiza na freguesía de Tenões (dende 2013 fusionada na de Nogueiró), na cidade, concello e distrito de Braga.

3. Corresponde ao Algarve, situada no sur do territorio continental. Lugar de vacacións, no que destacan as súas praias e calas espectaculares nunha contorna natural privilexiada.

4. Corresponde a Porto, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país. na imaxe vese o esteiro do Douro e ao fondo a Torre dos Clérigos e a Ponte Don Luís I.

Espero que esta serie servise para coñecer un pouco mellor o noso país veciño e irmán que é Portugal.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org            Imaxe: vigopeques.com (Potugal desde A Guarda)

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alfonso I. No 806 constitúese o Primeiro Condado de Portugal, que durou ata 1.071, con capital na cidade do Porto, baixo a dinastía de Vímara Pérez, como un feudo do Reino de Galicia. En 1.093, a dinastía Borgoña conséguese facer co poder do Segundo Condado de Portugal, neste período baixo a influencia do Reino de León. En 1.139, o conde Alfonso I proclámase rei de Portugal e consegue a independencia do Reino de León, que este recoñece en 1.143. En 1.147, Portugal conquista a actual capital, Lisboa. En 1.179, o papa Alejandro III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñece a Portugal como un país independente e como vasallo da igrexa cristiá.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Un destes lugares NON se atopa en Portugal. Localízao nas imaxes:

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org            Imaxe: es.wikipedia.org lonelyplanet.es e viajeroscallejeros.com

#DígochoEu: Non confundas Xocas con Chocas

 

Non nos chegaba con "Tanchungueiras" que agora temos "El Chokas"! Veña, vamos ver a diferenza entre Xocas e chocas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ponte Vasco da Gama. É unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, ten 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de buscar unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa. O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen foi o primeiro Rei de Portugal?

- Dionisio I

- Pedro I

- Sancho I

- Alfonso I

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org            Imaxe: es.wikipedia.org e  ileon.eldiario.es/historia

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Paulo Coehlo. Paulo Coelho de Souza (Río de Janeiro, 24 de agosto de 1947) é un novelista, dramaturgo e  letrista brasileiro despois de varios anos dedicado á poesia. É un dos escritores e novelistas máis lidos do mundo con máis de 320 millóns de libros vendidos en máis de 170 países (224 territorios), traducidos a 83 linguas.

O resto son todos portugueses: Fernando Pessoa (Lisboa, 13 de xuño de 1888 - 30 de novembro de 1935), especialmente recoñecido polos seus heterónimos: Alberto Caeiro, Alexander  Search, Álvaro de Campos, Bernardo Soares e Ricardo Reis. A súa extensa obra viuse crebada coa súa prematura morte aos 47 anos de idade. Alexandre Manuel Vahia de Castro O’Neill de Bulhões (Lisboa, 19 de decembro de 1924 -21 de agosto de 1986), poeta do movemento surrealista portugués. Era descendente de irlandeses. José de Sousa Saramago (Azinhaga, 16 de noviembre de 1922-Tías, 18 de junio de 2010). En 1998 se le otorgó el Premio Nobel de Literatura.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Esta é unha das moitas pontes que ten Portugal. Saberías dicir comoi se chama?

- Ponte Luis I

- Ponte vasco da Gama

- Ponte 25 de Abril

- Ponte da Arrábida

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org            Imaxe: es.wikipedia.org  

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Fado. Este estilo musical portugués é xeralmente cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos. Documentalmente compróbase a existencia do fado desde 1838, aínda que hai quen identifica a súa orixe cos cantos das xentes do mar, inspirados na soidade, a nostalxia e os abalos dos barcos sobre a auga. A pesar dos numerosos investigadores —Gonçalo Sampaio,  Mascarenhas  Barreto, Pinto de Carvalho ou  Rodney  Gallop— o misterio das súas orixes aínda non se desvelaron. Crese que naceu nos barrios ao redor do porto de Lisboa, entre clases pobres, mariñeiros, obreiros,  rufiáns,  chamiceiras, xente bohemia de Alfama, Bairro Alto e outros.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal destes famosos escritores NON é portugués?

- Paulo Cohelo

- Fernándo Pessoa

- Alexandre O’Neill

- José Saramago

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é A Portuguesa. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. 

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chama o estilo de musical popular de Portugal máis coñecido?

- Cantiga

- Saudade

- Fado

- Morna

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *pretencioso

 

En galego, unha persoa fachendosa de máis non é unha persoa *pretenciosa. Esther Estévez danos a alternativa!

#DígochoEu