Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mondego. Trátase do río máis longo que percorre exclusivamente terras de Portugal. Nace a 1.425 m de altitude na serra da Estrela, concello de Gouveia. Percorre 234 km ata desembocar no océano Atlántico na localidade de Figueira da Foz e abarca unha conca hidrográfica dun 6.644 km². Na súa cabeceira é coñecido como Mondeguinho. Os romanos xa o chamaban o río de Munda, que significa transparencia, claridade ou pureza. Os principais afluentes son, desde a cabeceira ata a súa desembocadura, os seguintes: o Dão (dereita), o Alva (esquerda), o Ceira (esquerda), e unha vez pasado Coimbra, o Arunca (esquerda) e o Pranto (esquerda).

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Como se chama o himno de Portugal?

- Uma casa portuguesa

- Portugalia

- A Portuguesa

- Grândola, Vila Morena

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: turismoenportugal.org

#DígochoEu: Como é? 'Miña' ou 'de min'?

 

Un seguidor do #DígochoEu preguntounos se sería correcto usar ’miña’ en lugar de ’de min’.

Velaquí a explicación!

#DígochoEu: Non digas *calima

 

Moito se fala da *calima estes días! Esther Estévez cóntanos como dicilo correctamente en galego!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Montaña do Pico. é o punto máis elevado do volcán do mesmo nome, situado na illa do Pico, no arquipélago dos Azores. O cume da montaña sitúase a 2.351  m de altitude, sendo o punto máis alto da Rexión Autónoma dos Azores e de todo Portugal. No continente o punto máis elevado é Torre, localizado na Serra da Estrela, municipio de Seia, distrito de Guarda, con 1.993 m.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o río máis longo, entre os ríos que teñen todo o seu curso por territorio portugués?

- Voga

- Sado

- Mondego

- Alto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: an.wikipedia.org

#DígochoEu: Pódese dicir

 

Mellor non digas "chiquitín"! O diminutivo -ín non é moi galego!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Luistania. Ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na península ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente. Os romanos chegaron por primeira vez ao territorio a mediados do século II a.C. Seguiu unha guerra con tribos lusitanas do 155 ao 139 a.C. No 27 a.C., creouse a provincia.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o punto máis elevado de Portugal?

- Pico Ruivo

- Torre

- Pico Nevosa

- Montaña do Pico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: es.wilipedia.org

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Namibia. Brasil independizouse o  7 de setembro de 1822, Mozambique independizouse o 25 de xuño de 1975 e Angola o 25 de abril de 1974. En todos eles segue sendo o idioma oficial o portugués.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Como lle chamaban os romanos á reción onde hoxe se atopa Portugal?

- Gallaecia

- Tartesos

- Lusitania

- Lisboetia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org          Imaxe: tripadvisor.com.sg (Ruínas de conimbriga-Coimbra)

#DígochoEu: Pódese dicir 'Ti o perdes'?

 

Ollo que moitas veces non se poden traducir palabra por palabra algunhas expresións en castelán! E menos cando a tradución rompe unha regra da colocación dos pronomes!

 #DígochoEu