Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Aproximadamente 92.000 km2. Segundo ine.pt, exactamente Portugal ten 92.225,20 km2, dos que 82.102,14 corresponde ao continente e 3.123,06 ás Rexións Autónomas das Azores e Madeira.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal destes países non foi colonia portuguesa?

- Angola

- Mozambique

- Namibia

- Brasil

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e ine.pt

#DígochoEu: Palabras con acentuación peculiar (Parte 2)

 

Esther Estévez tráenos unha nova lista de palabras con acentuación peculiar! Sabías como se pronunciaban?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é República semipresidencialista. Un sistema de goberno no que existe un presidente xunto con un primiro ministro e un gabinete, e os dous últimos son responsables ante a lexislatura do Estado. No caso de Portugal o Presidente da República é Marcelo Rebelo de Sousa e o Primeiro Ministro Antonio Costa. O órgano lexislativo é a Assembleia da República, que é unicameral e posúe ata 230 diputados.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que extensión ten Potugal en km2?

- Aproximadamente 84.000

- Aproximadamente 92.000

- Aproximadamente 103.000

- Aproximadamente 243.000

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org         Imaxe: sundaraviajes.com

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Arquipélagos das Azores e de Madeira. O primeiro, está formado por nove illas divididas en tres grupos: O oriental, de San Miguel e Santa María. O central, de Terceira, Graciosa, San Jorge, Pico e Fayal. O occidental, de Flores e Corvo. O segundo, consta de dúas illas habitadas, Madeira e Porto Santo, tres illas menores non habitadas, chamadas colectivamente Illas Desertas, e as Illas Salvaxes. Ámbolos dous son rexións autónomas portuguesas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a forma de goberno de Potugal?

- Monarquía Parlamentaria

- República Parlamentaria

- República Semipresidencialista

- República Presidencialista

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org 

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é 10 millóns. Segundo os datos do ine.pt, Potugal en 2021 tiña 10.344.802 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Portugal é un país transcontinental, é dicir que está fotmado pola maior parte do seu territorio no continente e parte fóra del, concretamente...

- Arquipélagos das Azores

- Arquipélagos das Azores e de Madeira

- Arquipélagos das Azores, de Madeira e Cabo Verde

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org          Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: A que nos referimos con flocos de millo?

 

Cantas dúbidas hai sempre no TikTok do #DígochoEu! Hoxe explicamos a que nos referimos cando falamos de flocos de millo.

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é A. A bandeira de Portugal componse dun rectángulo dividido verticalmente por unha franxa de cor verde, pegada ao mastro, e outra vermella. Na unión de ambas as cores atópase unha versión simplificada do escudo nacional (incluíndo a esfera armilar). Foi aprobada pola Asemblea Portuguesa o 19 de xuño de 1911.

E imos coa pregunta de Hoxe!

3. Que poboación ten Potugal?

- 8 millóns

- 10 millóns

- 13 millóns

- 18 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org          Imaxe: es.hoteles.com/go/portugal

#DígochoEu: Como é? Toda Galicia ou todo Galicia?

 

Como debemos dicir? Hai moitos por toda Galicia ou por todo Galicia? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu