CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? III
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é A. A bandeira de Portugal componse dun rectángulo dividido verticalmente por unha franxa de cor verde, pegada ao mastro, e outra vermella. Na unión de ambas as cores atópase unha versión simplificada do escudo nacional (incluíndo a esfera armilar). Foi aprobada pola Asemblea Portuguesa o 19 de xuño de 1911.
E imos coa pregunta de Hoxe!
3. Que poboación ten Potugal?
- 8 millóns
- 10 millóns
- 13 millóns
- 18 millóns
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org Imaxe: es.hoteles.com/go/portugal
0 comentarios