Blogia
vgomez

O BILLETE QUE ARDE... E NON SE QUEIMA!

Este divertido experimento ilustra o proceso de combustión e a inflamabilidade de alcohol.

Que necesitas?

- 1 vaso con auga

- 1 vaso con etanol (alcohol de farmacia)

- 1 vaso baleiro para facer a mestura

- 3 anacos de papel do tamaño dun billete

- 1 billete de 5 € (non vaia a ser…)

- Un chisco de sal

- Unhas pinzas de cociña (ou de laboratorio se es máis ‘pro’, a finalidade é non queimarse ao acender o billete)

- Acendedor
   
Pasos a seguir:

Coa axuda das pinzas, colle un anaco de papel e introdúceo primeiro no vaso de auga. Colle o chisqueiro e tenta prenderlle lume. Como verás, non hai combustión. Iso débese a que a auga impide que o papel chegue á temperatura de ignición necesaria para arder. Pero, que ocorre se engadimos unha substancia inflamable ao xogo?

Repite o paso anterior introducindo o papel primeiro no vaso de auga e logo no do alcohol (coas pinzas eh!, que nos coñecemos). Ao prenderlle lume verás que esta vez si arde. O primeiro que prende é o etanol (ignición a 78º C) que é inflamable. A auga é o que se encarga de ‘protexer’ ao papel (impide que chegue a unha temperatura superior a 100º C e saia ardendo).

Para darlle máis emoción ao asunto, utiliza agora o vaso baleiro e o billete de 5 €. Fai unha mestura ao 50% de auga e alcol e engádelle un chisco de sal (para que a labarada sexa máis laranxa e máis vistosa). Impregna o papel dese líquido, cólleo coas pinzas e lume! O billete debería arder ata que se consuma o alcol e despois quedar intacto.

Explicación:

A mestura que preparamos fai que a auga se evapore a medida que o alcohol se queima, polo que nunca chega a arder. Isto é grazas ao gran poder de enfriamento que ten a auga ao evaporarse, facendo que o billete non alcance a temperatura suficiente para queimarse.

Iso si, coidadiño! E se eres un nen@ coa presenza dun adulto!

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia

0 comentarios