Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA LXXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…

1- Lugo. Monumento del Bimilenario, ubicado na Praza de Santo Domingo. Consta dunha aguia, obra de Santiago de Santiago, feita de bronce fundido inspirada nuha aguia imperial da época romana achada nas excavacións de O Courel, sobre unha columna de 15 m de altura, deseñada por Antonio González Trigo. A primeiro aguia, de ás pechadas, inaugurouse en decembro de 1976, pero na primavera do 1977 a aguia é substituída pola actual de ás abertas.

2 - Vigo. O Sireno, obra do escultor Francisco Leiro, preside a Porta do Sol. Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e home, coa mirada posta no mar.

3 – A Coruña. O Millenium, monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha, deseñados polo artista Gerardo Porto.

 4 – Ourense. Monumento a Concepción Arenal, ubicada na praza do mesmo nome, fronte ao Palacio de Xustiza. Estátua  en broce, con pedestal de granito, obra do segoviano Aniceto Marinas, no ao 1898.

E imos coa pregunta de hoxe!

75. Nesta fermosa imaxe amosa a ría de Ferrol. Ao fondo da mesma vese a fortaleza da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma, do século XVI, situada no concello de Mugardos. Nun primeiro plano, donde se tomou a fotografía, está outra fortaleza que protexe a ría. Como se chama?

- Santa Cruz

- San Antón

- San Felipe

- Do Cardeal

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: tripadvisor.co.uk

0 comentarios