Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Lisboa. Non só é a capital, senón a maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Ten unha poboación que supera o medio millón de habitantes e a súa área metropolitana supera os 2,8 millóns de habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Potugal?

- A

- B

- C

- D

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes o que é un peneplano?

 

Peneplano é unha palabra correcta en galego. Sabes o que significa?

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL?

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL?

É o noso país veciño: PORTUGAL. Visitámolo con moita frecuencia, pois estamos separados polo Miño. Pero canto sabemos sobre Portugal e os seus habitantes.

Nesta serie que hoxe comezo, propóñoche averiguar o que sabes sobre Portugal e os portugueses.

Animaste? Pois comezamos!

1. Comezamos con algo fácil! Cal é a capital de Portugal?

- Braga

- Porto

- Lisboa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com

#DígochoEu :Concurso: Conciénciate en galego!

 

Continúa a visita do #DígochoEu aos centros escolares finalistas do concurso. Entramos no laboratorio do IES Número 1 do Carballiño porque o seu alumnado quixo falarnos sobre ciencia!

#DígochoEu 

#DígochoEu: Adiviñando expresións en valenciano

 

No #ApuntamentoLusófono, Esther e Rodrigo xogan a adiviñar expresións en valenciano con Cabrafotuda! Serán quen de acertar?

#DígochoEu

#DígochoEu: Palabras con acentuación peculiar

 

Ollo coa acentuación destas palabras, que pode que non sexa como pensabas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Como se di *rodillera?

 

Se *rodilla é incorrecto en galego, *rodillera tamén! Esther Estévez resólvenos a dúbida neste episodio.

 #DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo cos duelos!

 

En galego existe o duelo e o ! Pero moito ollo cos seus significados! Dó non é exactamente o mesmo que loito. E tampouco é o mesmo que duelo.

#DígochoEu