#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 32
No directo de Twitch desta semana falamos con Sofía Fondo, Leo e Olaxonmario sobre o Festival da Canção e houbo votación de videoclips!
No directo de Twitch desta semana falamos con Sofía Fondo, Leo e Olaxonmario sobre o Festival da Canção e houbo votación de videoclips!
Estamos en pleno Entroido ou en pleno Antroido? Ou Entroiro? Ou Entruido? Tranquilidade! Hoxe, Esther Estévez, fálanos de todas as formas de chamarlle a esta festa!
Aquí tes o capítulo 31 do #ApuntamentoLusófono, con Olaxonmario, Leo de PortugueseWihtLeo e Cabrafotuda.
#DígochoEu
Preguntan en TikTok como se di *tobillera en galego. Esther Estévez resólvenos a dúbida e de paso explícanos tamén como se di correctamente *tobillo, claro!
O #DígochoEu comeza a aventura de visitar os coles gañadores do concurso #DígochoEu e crear con eles un capítulo especial con Esther. Que ben o pasamos!
Xogamos a adiviñar expresións en portugués con Leo e Olaxonmario.
#DígochoEu
Remato coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior, e última da serie é Aí telo, na metade da foto!. Quizais non te deches conta, quizais si, pero na imaxe pódense apreciar, non un, si non dous polbos. Ambos atópanse encima da rocha: o primeiro, no centro loce unha cor parecida ao da súa contorna, o segundo, o cal pode confundirse cunha coral, debido á súa cor máis escura, atoparédelo na mesma rocha, un pouco máis á dereita.

Que pasada os polbos, verdade?
Ata a próxima serie!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. Supomos que a estas alturas non che resultará tan raro que un animal con 8 brazos e un cerebro que practicamente se reparte por todo o seu corpo, teña 3 corazóns. E así é: o primeiro deles denomínase corazón sistémico e é o encargado de bombear por todo o corpo o sangue que se oxigena nas branquias. Con todo é precisamente para oxigenar o sangue que os polbos posúen dous corazóns denominados branquiais, adicados expresamente a esta función. Debes saber ademais que o sangue dos polbos é de cor azul, debido a que no canto de hemoglobina contén hemocianina, unha proteína rica en cobre encargada de transportar o oxigeno.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

10. Que pasada os polbos, verdade? Por último, e para porlle a guinda ao pastel, propómosvos atopar ao polbo nesta imaxe...
- Un momento, NatGeo: aquí non hai ningún polbo, estades a tratar de tomarme o pelo
- Aí telo, en metade da foto!
- Pódese ver escondido, entre as sombras das rochas
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza