Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? X

Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior... 

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. Supomos que a estas alturas non che resultará tan raro que un animal con 8 brazos e un cerebro que practicamente se reparte por todo o seu corpo, teña 3 corazóns. E así é: o primeiro deles denomínase corazón sistémico e é o encargado de bombear por todo o corpo o sangue que se oxigena nas branquias. Con todo é precisamente para oxigenar o sangue que os polbos posúen dous corazóns denominados branquiais, adicados expresamente a esta función. Debes saber ademais que o sangue dos polbos é de cor azul, debido a que no canto de hemoglobina contén hemocianina, unha proteína rica en cobre encargada de transportar o oxigeno.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

10. Que pasada os polbos, verdade? Por último, e para porlle a guinda ao pastel, propómosvos atopar ao polbo nesta imaxe...

- Un momento, NatGeo: aquí non hai ningún polbo, estades a tratar de tomarme o pelo

- Aí telo, en metade da foto!

- Pódese ver escondido, entre as sombras das rochas

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza          Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza

0 comentarios