CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XVII
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é Río Missouri. É o río máis longo de Norteamérica, o afluente máis longo nos Estados Unidos e unha das principais vías navegables do centro dos Estados Unidos. Nace nas Montañas Rochosas, no oeste de Montana, da confluencia de tres ríos: Jefferson, Madison e Gallatin. Flúe cara ao leste e o sur, atravesando as Grandes Chairas do leste de Montana, Dacota do Norte e Dacota do Sur, marcando a fronteira entre Nebrasca e Iowa, e despois entre Kansas e Missouri, ata desaugar no río Mississippi ao norte da cidade de St. Louis (Missouri) tras percorrer 3.767 km. Cando se considera coa parte baixa do río Mississippi, o sistema Mississippi-Missouri alcanza os 6.275 km (o cuarto sistema fluvial máis longo do mundo) e drena unha conca de 2.980.000 km² (a sexta maior do mundo).
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Un, dos seguinte ríos, non pasa por Asturias. Cal?
- Río Nalón
- Río Samburiel
- Río Sella
- Río Narcea
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios