Blogia
vgomez

CANTO SABES DE COLOMBIA? XVIII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Flor de maio. Tamén chamada lirio de maio (Cattleya trianae) pertence á familia das orquídeas, é unha planta epífita de follas carnosas, orixinaria principalmente de Colombia, aínda que a súa distribución chega ata Ecuador.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Esta é unha lista dos escritores máis famosos de Colombia, pero só un conqueriu o Premio Nobel de Literatura. Cal foi?

- Germán Castro Caycedo

- Fernández Vallejo

- Álvaro Mutis

- Gabriel García Márquez

- Eduardo Caballero Calderón

- Fernando González Ochoa

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: wwf.org.co e timetoast.com

0 comentarios