ENCRUCILLADO CLIII
VERTICAIS: 1. Rúa ou camiño moi estreitos 2. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio e de símbolo Rn 3. Arbusto silvestre da familia das rosáceas cos talos cubertos de espiñas, follas pinnadas e flores solitarias brancas ou rosáceas, que ten como froito a amora e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados, co nome científico Rubus fruticosus 5. Moeda romana de prata equivalente a dez ases 8. Persoa que anda en negocios pouco claros, amiga de enganos e da vida vagabunda 10. Peixe da superorde dos teleósteos, de pequeno tamaño, arredor duns vinte centímetros, corpo alongado cunha cor azulada no lombo e prateada no ventre, que se consome habitualmente á vinagreta ou en conserva e de nome científico Engraulis encrasicholus.
HORIZONTAIS: 3. Relativo ou pertencente aos xudeus hispánicos que foron expulsados da Península e aos seus descendentes 5. Capital de Bangladés 7. País do Caribe que comparte a illa A Española coa República Dominicana e con capital en Porto Príncipe 8. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés, onde se atopa o Mosteiro da Armenteira 11. Órgano reprodutor dos animais que produce os gametos e segrega hormonas 12. Apelido do escritor leonés galardoado co Premio Cervantes 2023, que foi entregado o pasado día 23 de abril de 2024, coincidindo co Día do Libro.
0 comentarios