ENCRUCILLADO CLXXIV
VERTICAIS: 1. Contedor virtual no que se almacena un grupo de arquivos de datos e que pode conter, á súa vez, outros contedores 2. Concello da provincia de Ourense, pertencente a Comarca de Terra de Celanova, onde se atopa a Igrexa barroca das Marabillas 4. Punto máis alto da Península Ibérica situado en Serra nevada con 3.479 m s.n.m. 6. Variedade da ameixeira común, case exclusiva da rexión francesa de Lorena, aínda que é común no val do Rosal (Pontevedra), que dá como froito unhas ameixas redondas, amarelas ou vermellas e de nome científico Prunus domestica var. syriaca 7. Cidade da provincia da Coruña, capital da comarca que leva o seu nome, con importancia naval e referente turistico da súa Semana Santa.
HORIZONTAIS: 3. Elemento químico de transición, metal precioso branco prateado, dúctil e maleable, empregado en xoiaría e na industria, e símbolo Pt 4. Río más grande de Canadá 8. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, e de nome científico Scomber scombrus 9. Embarcación de fondo plano, xeralmente cuberta, que se usa especialmente nos ríos para transporte de mercadorías 10. Corda longa e grosa usada para suxeitar a carga do carro ou do remolque.
0 comentarios