ENCRUCILLADO CLXVIII
VERTICAIS: 1. Peixe da familia dos clupeidos, de cor azul verdosa no lombo e prateada nos flancos e no ventre, que pode alcanzar os sesenta centímetros de lonxitude, vive en augas profundas e desova no curso baixo dos ríos, cuxo mome científico é Alosa alosa 3. País soberano de América do Norte, con capital en Ottawa, no que ten postos os ollos o Presidente electo de EEUU co anhelo de anexión 5. Profunda irritación do ánimo producida por algún suceso adverso 8. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello, con nome científico Digitalis purpurea 9. Illa situadana zona nororiental de América do Norte, entre o océano Atlántico e o océano Glacial Ártico, politicamente constituída como unha nación constituínte do Reino de Dinamarca.
HORIZONTAIS: 2. Capital e principal porto de Estonia 4. Elemento químico metálico de transición, de cor cinsenta, brillo aceirado, duro, moi oxidable, fácil de crebar e de símbolo Mn.6. Moeda de Grecia antes do Euro 7. Maior museo e máis visitado do mundo 10. Materia que se desprende do ferro ao traballalo na forxa.
0 comentarios