CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? VI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte é República semipresidencialista. Un sistema de goberno no que existe un presidente xunto con un primiro ministro e un gabinete, e os dous últimos son responsables ante a lexislatura do Estado. No caso de Portugal o Presidente da República é Marcelo Rebelo de Sousa e o Primeiro Ministro Antonio Costa. O órgano lexislativo é a Assembleia da República, que é unicameral e posúe ata 230 diputados.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que extensión ten Potugal en km2?
- Aproximadamente 84.000
- Aproximadamente 92.000
- Aproximadamente 103.000
- Aproximadamente 243.000
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e gl.wikipedia.org Imaxe: sundaraviajes.com
0 comentarios