CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLVII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos,sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1960. The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular. Estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións. A natureza da súa enorme popularidade, que emerxera primeiramente coa moda da «Beatlemanía», transformouse á vez que as súas composicións se volveron máis sofisticadas. Chegaron a ser percibidos como a encarnación dos ideais progresistas, estendendo a súa influencia nas revolucións sociais e culturais da década de 1960.
E imos coa pregunta de hoxe!
47. Relaciona o nome e a categoría do Nobel...
- Al Gore Literatura
- Gabriela Mistral Paz
- Severo Ochoa Física
- Marie Curie Medicina
- Niels Bohr Química
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: reddit.com e es.wikipedia.org
0 comentarios