CANTO SABES DE BRASIL? V
Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1.822. A Independencia de Brasil comprende unha serie de eventos políticos ocorridos entre 1821 e 1824, a maioría dos cales incluíron conflitos entre Brasil e Portugal. Dando así paso á proclamación de independencia presentada polo Imperio de Brasil o 7 de setembro de 1822. Foi un período importante na historia do país e diferénciase do resto de guerras de independencia hispanoamericanas en que foi un proceso independentista menos violento e ademais foi dirixido por un membro da familia real, o príncipe herdeiro Pedro I, que se convertería en emperador. O réxime resultante foi o Imperio de Brasil, unha monarquía constitucional que perdurou ata 1889 sendo así o réxime monárquico independente máis duradeiro de América. Curiosamente Portugal non a reconoceu ata 1.825.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal foi a primeira capital de Brasil?
- Brasilia
- Río de Xaneiro
- Curitiba
- Salvador de Bahía
- São Paulo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios