CANTO SABES DE NEPAL? IX
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Everest. Nepal ten parte da cordilleira do Himalaya, a cordilleira máis alta do mundo. Oito dos catorce oitomiles atópanse no país, xa sexa en forma total ou compartida a través dunha fronteira co Tíbet ou India. O punto máis alto sobre a terra, o monte Everest (Sagarmatha en nepalí), na fronteira con China, alcanza os 8.844 metros, segundo a Oficina Estatal de Topografía e Cartografía China (en 2005) ou os 8.850 metros segundo un estudo realizado por científicos estadounidenses (en 1999).
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Nepal conta cunha rede de aproximadamente 6.000 ríos. Cal destes é o máis longo e caudaloso?
- Kosi
- Karnali
- Bagmati
- Tamur
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: wilderness-medicine.com e e.wikipedia.org
0 comentarios