Blogia
vgomez

CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? IV

Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Traxicomedia, mestura de traxedia e comedia. A Celestina coñécese con este nome desde o século XVI á obra titulada primeiro Comedia de Calisto e Melibea e despois Traxicomedia de Calisto e Melibea, atribuída case na súa totalidade ao bacharel Fernando de Rojas (1470-1541). É unha obra de transición entre a Idade Media e o Renacemento escrita durante o reinado dos Reis Católicos. A súa primeira edición coñecida data de 1499. Constitúe unha das bases sobre as que se cimentou o nacemento da novela e o teatro modernos.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. En que século se sitúa o inicio do Século de Ouro da literatura española?

- Século XV

- Século XVI

- Século XVII

- Século XVIII

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia     Imaxes: es.wikipedia.org 

0 comentarios