PREMIO NOBEL DA PAZ 2026
O Comité Noruegués do Nobel outorgou este venres o Premio Nobel da Paz a Navanethem Pillay polos seus esforzos por promover a paz e o dereito internacional. O galardón recoñece a “unha persoa que, con valentía e integridade excepcionais, abriu o camiño cara a unha orde xurídica global máis integral”, sinala o comité. A gañadora, prosegue, “desempeñou un papel decisivo á hora de garantir que se procesen os crimes de guerra, os crimes de lesa humanidade e o xenocidio”.
Navanethem Pillay, coñecida como Navi Pillay (Durban-Sudáfrica, 1941) foi maxistrada do Tribunal Superior de Sudáfrica, presidenta do Tribunal Penal Internacional para Ruanda e xuíza da Corte Penal Internacional. Foi Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e, ata hai pouco, presidiu a Comisión Internacional Independente de Investigación da ONU sobre o Territorio Palestino Ocupado. Actualmente, Navi Pillay é xuíza da Corte Internacional de Xustiza no caso no que se acusa a Myanmar de xenocidio.
Parabéns!
FONTE: elpais.com Imaxe: ca.wikipedia.org
0 comentarios