Blogia
vgomez

PREMIOS "FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO" FUNDACIÓN BBVA 2013

PREMIOS "FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO" FUNDACIÓN BBVA 2013

 

Acaban de outorgarse os Premios Fundación BBVA “Fronteiras do Coñecemento” 2013 . Estes premios, que se levan entregando dende hai seis anos, recoñecen a investigación e a creación de excelencia no ámbito científico e contan ademais, coa colaboración do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Na categoría de Biomedicina o premiado foi o bioquímico Adrian Bird  "polos seus descubrimentos na epixenética". Bird foi peza clave na investigación por achegar o mapa de activación dos xenes e abrir unha vía para buscar cura a enfermidades neurolóxicas.

Na categoría de Cambio Climático, o premio concedeuse ao biólogo estadounidense  Christopher Field, por descubrir a importancia dos ecosistemas e a súa axeitada xestión como potentes ferramentas na loita contra o cambio climático.

Na categoría de Tecnoloxías da Información e Comunicación, o galardón foi concedido ao estadounidense Marvin Minsky, considerado pai da área de Intelixencia Artificial. Ademais é autor de contribucións esenciais, teóricas e prácticas, en matemáticas, ciencia cognitiva, robótica e filosofía.

Finalmente, na categoría de Ciencias Básicas, os premiados foron os físicos Maximilian Haider, Harald Rose e Knut Urban por "aumentar de forma exponencial o poder de resolución do microscopio electrónico ao desenvolver unha óptica electrónica que supuxo un avance que ofrece precisión subatómica".

Parabéns a todos!

0 comentarios