Blogia
vgomez

SERPE DE KEKULÉ, O SOÑO QUE RESOLVEU UN GRAN ENIGMA CIENTÍFICO

O benceno é un hidrocarburo aromático líquido, volátil, transparente e inflamable, cun aroma moi característico. Úsase principalmente como materia prima na síntese dun gran número de produtos e é tamén un compoñente da gasolina.

O descubrimento da estrutura do benceno por parte de Friedrich August Kekulé von Stradonitz é un dos fitos máis importantes na historia da química. Foi grazas a un soño que tivo Kekulé que puido resolver o enigma da forma molecular do benceno.  

Friedrich August Kekulé foi un químico alemán nacido o 7 de setembro de 1829 en Darmstadt. Estudou química na Universidade de Giessen e posteriormente converteuse en profesor na Universidade de Gante. Kekulé é coñecido polas súas contribucións no campo da química orgánica e o seu papel no descubrimento da estrutura do benceno.

Antes do descubrimento de Kekulé, a estrutura do benceno era un misterio para os químicos. A súa fórmula molecular, C6H6, indicaba que tiña un alto grao de simetría, pero ninguén sabía como se organizaban os átomos na súa estrutura.

Benceno C6H6

Segundo a anécdota popular, Kekulé tivo un soño, despois de quedar durmido fronte ao lume. Soñou, dixo, con fileiras de átomos que bailaban e se contorsionaban diante dos seus ollos, coma se fosen serpes. E entón una desas “serpes” mordeuse a súa propia cola… e Kekulé espertou inmediatamente, sabendo que atopara a resposta. Ninguén sabe canto hai de verdadeiro e canto de fábula nesta marabillosa anécdota, pero certamente somos afortunados de que Kekulé nunca se desdixo dela.

Baseándose no seu soño, Kekulé propuxo que o benceno estaba formado por un anel de seis átomos de carbono, no que cada átomo estaba unido a un átomo de hidróxeno e a outro átomo de carbono. Ademais, as ligazóns entre os átomos de carbono eran alternos, alternando entre ligazóns simples e dobres.

A proposta de Kekulé sobre a estrutura do benceno foi revolucionaria, pero necesitaba ser confirmada experimentalmente. A través dunha serie de experimentos, demostrouse que o benceno era unha molécula plana e que as súas ligazóns eran consistentes coa estrutura proposta por Kekulé.

O descubrimento da estrutura do benceno por parte de Kekulé tivo un impacto significativo no campo da química orgánica. Sentou as bases para o desenvolvemento da teoría da resonancia, que explica a estabilidade e a reactividade do benceno e outros compostos aromáticos. Ademais, o seu traballo achandou o camiño para futuros avances no campo da química orgánica e a síntese de compostos orgánicos.

Kekulé faleceu en Bonn o 13 de xillo de 1896.

FONTE: Francisco Maria/okdiario.com/ciencia e es.wikipedia.org    Imaxes: es.vecteezy.com e es.wikipedia.org

0 comentarios