Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2020

Michael Houghton, Harvey-J-Alter e Charles M. Rice

 A Asemblea Nobel do Instituto Karolinska de Estocolmo distinguiu co Premio Nobel de Medicina 2020 aos Harvey  J.  Alter (Nova York, 1935), Michael Houghton (Reino Unido, 1949) e Charles M. Rice (Sacramento-California),1952), polo descubrimento do virus da hepatite C. Estes tres científicos fixeron unha contribución decisiva á loita contra a hepatite de transmisión sanguínea, un importante problema de saúde mundial que causa cirrose e cancro de fígado en persoas de todo o mundo, grazas a que lograron identificar o virus da hepatite  C.

En concreto, os estudos metódicos da hepatite asociada a transfusións realizados por  Harvey J. Alter demostraron que un virus descoñecido era unha causa común de hepatite crónica; mentres que Michael Houghton utilizou unha estratexia non probada para illar o xenoma do novo virus que se denominou virus da hepatite C; e Charles M. Rice, proporcionou a evidencia final que mostra que o virus da hepatite C por si só podería causar hepatite.

Antes do traballo destes tres investigadores, o descubrimento dos virus da hepatite A e B fora un paso crítico cara a adiante, pero a maioría dos casos de hepatite transmitida polo sangue seguían sen explicación. O descubrimento do virus da hepatite C revelou a causa dos casos restantes de hepatite crónica e posibilitou análise de sangue e novos medicamentos que salvaron millóns de vidas.

Parabéns!

FONTE: laregion.es

0 comentarios