A ORIXE DAS PALABRAS: SÓ O POBO SALVA AO POBO
Só o pobo salva ao pobo. Iste lema social escoitámolo por parte dos afectados pola DINA de Valencia. Pero sabes a súa orixe?
O poeta Antonio Machado Ruiz (Sevilla, 26 de xullo de 1875-Colliure, 22 de febreiro de 1939) enviou unha carta ao seu amigo o hispanista e novelista ruso David Vigodski na que lle narraba o 20 de febreiro de 1937 a situación no país durante a Guerra Civil e onde utilizaba esa frase que agora está na fala da xente.
Concretamente, a carta de Machado ao escritor xudeoruso centrábase na defensa da cidade de Madrid ante os fascistas, onde lle facía ver que era a poboación civil, sen goberno que se foi da capital, quen estaba defendendo como podía a cidade.
“En España o mellor é o pobo. Por iso a heroica e abnegada defensa de Madrid, que asombrou ao mundo, a min conmóveme, pero non me sorprende. Sempre foi o mesmo. Nos transos duros, os señoritos invocan a patria e véndena; o pobo non a nomea sequera, pero a compra co seu sangue e a salva. En España, non hai modo de ser persoa ben nada sen amar ao pobo. A demofilia é entre nós un deber elementalísimo de gratitude”.
FONTE: Laura Martín Sanjuan/as.com Imaxes: diariodeespaña-com e es.wikipedia.org
0 comentarios