Blogia
vgomez

PANDEMIAS E VACINAS

Nesta época de pandemia e prontas vacinas que podan atallala, hai dous nomes que saltaron ás noticias e seguro que moita xente non acaba de coñecer a súa importancia. Refírome a denominada "Operación Blamis" e o "Hospital de Pandemias Isabel Zendal". O curioso é que ambos nomes están intimamente ligados.

Referente ao primeiro, o Ministerio de Defensa denominou o seu despregamento militar contra a Covid-19 como ‘Operación Balmis’, en homenaxe ao médico militar alacantino, Francisco Javier Balmis, que emprendeu en 1803 a gran xesta de vacinación masiva contra a varíola en América Latina e Filipinas.

A segunda Isabel Zendal Gómez, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

A coñecida como Real Expedición Filantrópica de Vacinación, comezou o 30 de novembro de 1803, cando  a corveta María Pita partíu do porto da Coruña levando a vacina das variola a América. A fronte o médico Francisco Javier Balmis, acompañado polo cirurxián catalán Josep Salvany e unha das figuras crave no éxito da misión, a galega Isabel Zendal, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

Quixera pararme nela, pois tardouse moito tempo en darlle o recoñecemento que merece.

Isabel Zendal Gómez, naceu na Agrela (Parada, Ordes-A Coruña) o 26 de febreiro de 1773. Empezou a traballar en 1800 na Casa dos Expósitos do Hospital de Caridade, chegando a ser reitora. A súa función alí era a de coidar dos orfos de entre sete e catorce anos a cambio dunha  escasísima remuneración. Un dos motivos polos que non dubidou en aceptar a oferta de Balmis, moito mellor, e embarcarse en 1803 na Real Expedición  Filantrópica da Vacina.

A súa función sería a de coidar dos 22 nenos orfos de entre tres e nove anos que foran  inoculados coa vacina contra a variola e que servirían de portadores da solución durante a viaxe. Nenos que, pola súa condición, non quería ninguén; excepto Isabel, que levou ao seu propio fillo Benito, de dez anos, a quen criou como nai solteira.

Zendal permaneceu nove anos de navegación e roteiros terrestres para inmunizar por centos de miles de persoas na primeira gran campaña de vacinación universal da historia da humanidade. O seu papel foi decisivo, arriscando a súa saúde por coidar ao nenos día e noite.

Os nenos eran necesarios para conservar o virus vacinal: cada semana  inoculábanse a dous deles co material obtido das pústulas dos vacinados a semana anterior.

Tras pasar, entre outras rexións, por Canarias, Porto Rico, Caracas ou México, Isabel Zendal partiu en 1805 cara ao Pacífico. Agora, xunto a vinte e seis nenos mexicanos.

Tras as últimas viaxes, decidiu quedar en México a pasar o resto dos seus días. Alí traballou nun hospicio de Puebla de los Ángeles xunto ao seu pequeno.

A expedición vacunou directamente a unhas 250 000 persoas.

Unha heroína esquecida que entregou a súa mocidade a España e á ciencia.

FONTE: thisistherealspain.com e gal.wikipedia.org.es    Imaxe: thisistherealspain.com

0 comentarios