PREMIO NOBEL DE ECONOMÍA 2017
Richard H. Thaler / Imaxe: Poslovni dnevnik
O estadounidense Richard H. Thaler (Nova Jersey,1945), foi galardoado co Premio Nobel de Economía, pola súa contribución á economía do comportamento, isto é, basicamente a incorporación da psicoloxía ás ciencias económicas.
O comité que outorgou o galardón explica que os economistas adoitan asumir que as persoas teñen bo acceso á información, poden procesala sen problemas e levan á práctica as súas decisións buscando unha ganancia persoal. Con todo, existen moitas discrepancias entre esas teorías e o que logo ocorre. Non sempre existe un comportamento racional. E, ás veces, mesmo inflúe o sentido da equidade. "Thaler contribuíu a expandir e refinar a análise económica ao considerar tres trazos que sistematicamente inflúen nas decisións económicas: a racionalidade limitada, a percepción de xustiza, e a falta de autocontrol", subliña o xurado do premio.
Parabéns!
FONTE: Xornal El País/Economía
0 comentarios